O nacemento de Vigolabs

O nacemento de Vigolabs

Dec 20, 2014. | By: Jesús Sayar & Eloy Coto

Fai case un ano que fixemos a nosa primeira hackathon, aquela foi todo un éxito en consecuencia ao esforzo que lle dedicamos. Unha hackahton de amigos, con mais de 30 persoas que fixo que tiveramos ganas de facer unha segunda. Volveu Jesús de Madrid, e así que volveu xa nos puxemos a traballar duro na seguinte.

Se na primeira hackathon quedou algo claro, foi que non tiña un obxectivo fixado e que iso marcou o que a xente quería facer. Nesta hackathon tiñamos claro que tiñamos que ter un obxectivo galego, algo que fixera que o noso coñecemento creara valor e que unira o noso pasado, presente e se puidera que marcara un futuro.

Falando no pasado, era imposible non fixarse no seculo XIX, vemos como Vigo empeza a nacer como cidade, vemos como hai unha pequena revolución industrial e esta marcada por un home “Sanjurjo Badía”. Lendo libros de esa época, descubrimos como gracias a industria inicial o sector pesqueiro modernizouse e volvía a crecer, volvéndose a facer rendible o que conlevou o inicio da industria conserveira, dende aquela xa podemos contar os éxitos de toda a nosa industria, estaleiros, etc..

La industriosa

Estamos na entrada dun século marcado por unha revolución dixital, xa vivimos o crecemento dos ordenadores persoais, internet ou os tablets. Agora estamos vendo unha revolución relacionada co mundo do Internet of Things (IoT).

Facendo un estudo das empresas galegas, vemos que existen moi poucas que fagan tecnoloxía marítima, un sector extremadamente potente. Galicia ten nome propio a nivel mundial marítimo. Foi sinxelo relacionar o esprito de Sanjurjo Badía e facer un evento para intentar darlle valor as solucións IoT dentro dun sector clave para o noso pobo. Temos a crenza que é unha saída natural para o sector TI de Galicia a apertura ao mar, un investimento importante no que sabemos facer, nun sector que temos casos prácticos a curta distancia da nosa casa, onde emprender é moito mais sinxelo, ademais de contar cunhas vantaxes dende xeográficas, ata a nivel empresarial (Feira conxemar) e o recoñecemento mundial.

Nace así no 2016, o grupo VigoLabs. Xa podemos confirmar que faremos unha serie de Meetups relacionado co mundo IoT/Maker/electrónica ademais da Hackathon Sanjurjo Badía, que se levará a cabo o último fin de semana de Febreiro no Auditorio Mar de Vigo.

Esta hackathon nace co obxectivo de facer prototipos IoT relacionados co mar. Pódemos poñer moitos exemplos, como pode ser un sistema de seguridade pra os mariñeiros, sistema de aforro enerxético, sistemas de clasificación de peixe, etc..

wind farm

Nace este grupo con unha tremenda ilusión. Fai poucos días fixemos nunha mesa redonda, estaban nela dende representantes de estaleiros, empresas de grúas marítimas, empresas de pesca, transporte marítimo, etc.. todo o mundo salientaba a necesidade de ter empresas tecnolóxicas marítimas na nosa comunidade, para así poder unir o sector industrial co informático.

Nos empezamos esta andaina, con ilusión, con moito apoio de moita xente, e con moitas ganas de que este graniño de arena sexa un revulsivo de como facer I+D na zona onde vivimos.

COMPARTIR:

Vigolabs

Vigolabs nace como unha asociación para realizar eventos relacionado co hardware e os sectores industriais, marítimos e automovilísticos.

Redes sociais