Navalia 2016

Navalia 2016

May 18, 2016. | By: Jesús Sayar & Eloy Coto

A semana do 24 ao 26 de Maio en Vigo contaremos cunha das maiores ferias relacionada ca fabricación de barcos, Navalia. Con mais de 25.000 profesionais do sector da construción naval, mais de cincocentas empresas representadas e tres días cargados de xornadas técnicas.

Gracias a mediación de David Regades, teremos acceso a exhibición, polo que podemos ver cales son as novidades do sector dos estaleiros de primeira man.

A nosa idea é quedar o Martes 24 de Maio as 17:30 na porta do IFEVI, as portas pechan as 19:00 polo que teremos sobre unha hora e media para visitar toda a exposición. Por outra parte é moi posible que algunha persoa da organización este con nós para facernos de guía durante a exposición.

Para acceder a feira hai rexistrase na páxina de Navalia e logo solo hai que estar presente o luns pola tarde na porta do IFEVI.

Vémonos en Navalía o próximo Martes 24.

COMPARTIR:

Vigolabs

Vigolabs nace como unha asociación para realizar eventos relacionado co hardware e os sectores industriais, marítimos e automovilísticos.

Redes sociais