Meetup #1 Enxine e CentumRT

Meetup #1 Enxine e CentumRT

Dec 31, 2014. | By: Jesús Sayar & Eloy Coto

O 2015 esta rematando e no 2016 teremos unha chea de eventos. Ao xa anunciado Hackahton Sanjurjo Badía, vamos a sumarlle unha reunión mensual sobre o mundo da electrónica e o mundo maker. Estas reunións van ser na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo, empezaranse as 19:30 e terán unha duración dunha hora.

A primeira meetup, será o Mércores 13 de Xaneiro, na cal estarán os seguintes poñentes:

Pablo Rodiz - Enxine:

Pablo, director de Enxine, presentaranos o seu último traballo no mundo de Arduino, un medidor de potencia eléctrica monofásico de ata 6kW que permite controlar a conexión e desconexión da liña, e que se alimenta directamente da mesma, sen necesidade de ningún elemento adicional. Domeduino, que é o nome preliminar da placa, permite o uso de diversos interfaces de comunicacións posto que é compatible con Arduino e por tanto pódeselle conectar case calquera shield, pero ademais tamén dispón dun zócalo compatible con XBee, co que ofrece un nivel de flexibilidade moi elevado. Domeduino vai pola súa terceira versión de hardware e está a punto para o seu lanzamento como hardware de código libre, polo que é un excelente exemplo de como se pode realizar un desenvolvemento baseado en Arduino, as vantaxes que achega esta plataforma á hora de desenvolver, e os problemas que se atopan polo camiño ata chegar a unha fase de produción.

Pablo é Enxeñeiro de Teleco pola Universidade de Vigo. Traballou como deseñador de produtos embebidos para diversas empresas galegas (CTAG, Blusens..) Actualmente dirixe Enxine, que é un compañía moderna baseada en Santiago, na que están desenvolvendo produtos combinando o hardware e o software. Todo o equipo ten unha gran experiencia na electrónica de consumo, campo non que lle deu unha total sensibilidade cara o consumidor final.

Isacc Ballesteros - Centum Research & Technology

Isaac presentará o produto LifeSeeker, un sistema de apoio en situación de emerxencia, concretamente en misións de procura e rescate, onde e capaz de detectar, identificar e localizar teléfonos móbiles en zonas remotas e sen cobertura reducindo o tempo de procura e maximizando a probabilidade de éxito da misión.

A charla versará sobre os detalles do proxecto, os problemas técnicos resoltos e como a orientación baseada en modelos e validación continua permitiron obter os resultados desexados.

Isaac, Technology Manager de Centum R&T, é Enxeñeiro de Teleco pola Universidade de Zaragoza e na súa traxectoria profesional traballou en empresas como Indra ou Airbus. Centum R&T é unha empresa baseada no edificio CITEXVI de Vigo de Vigo adicada ao deseño, desenvolvemento e comercialización de sistemas electrónicos aeronáuticos tanto para plataformas tripuladas coma non tripuladas, os famosos drons. Centum R&T ten unha gama de produtos orientados a traballar en misións de emerxencias ou seguridade como poden ser a localización de persoas desaparecidas ou a extinción de incendios, etc… Centum R&T por outra parte foi recoñecida recentemente polo Ministerio de Economía como unha empresa innovadora ata o 2018.

Despois das charlas, iremos a algún bar próximo pra facer un pouco de networking.

Vémonos o día 13 de Xaneiro a partires das 19:30 na Escola Municipal de Artes e Oficios de Vigo. Para preparala sala na que vamos a facer a meetup, e necesario facer un rexistro previo no evento de eventbrite.

COMPARTIR:

Vigolabs

Vigolabs nace como unha asociación para realizar eventos relacionado co hardware e os sectores industriais, marítimos e automovilísticos.

Redes sociais