Meetup #2 Luis Miranda e Miguel Gil

Meetup #2 Luis Miranda e Miguel Gil

Apr 23, 2015. | By: Jesús Sayar & Eloy Coto

Despois de rematar a Hackahton Sanjurjo Badía, e como anunciamos no noso primeiro post neste blogue seguimos cos eventos relacionados ca electrónica e co mar.

A segunda meetup de Vigolabs será o próximo 4 de Maio as 19:30 na biblioteca da Escola de Artes e oficios de Vigo. Nesta segunda meetup contaremos con dous poñentes que falarán 30 min cada un.

O rexistro é obligatorio no seguinte enlace

Luís Miranda Acebedo - Proxecto SleepyArduino

Luis presentará o Sleepyduino, un proxecto Open Hardware consistente nunha placa de desarrollo compatible con Arduino, pero de ultra-baixo consumo (por debaixo de 200nA en modo sleep). Esta placa permite desenvolver proxectos compatibles con Arduino nos que o consumo de enerxía é un aspecto crítico, durmindo o Arduino nos períodos de inactividade e despertándoo cando se producen certos eventos ou tras pasar un tempo determinado. Sleepyduino é un proxecto desenvolvido por Xulio Coira, Alfredo Prado e Luis Miranda no seu tempo libre. Na presentación poderemos ver dende o concepto inicial ata a versión actual pasando polos problemas atopados durante o deseño e prototipado e plantexando cales son os próximos pasos a acometer no proxecto.

Luis Miranda é Enxeñeiro de Telecomunicación pola Universidade de Vigo. Traballa como Responsable do Dpto Técnico de TuryElectro, empresa que se dedica, entre outras cousas, á reparación e posta a novo de equipamento de telecomunicacións. Ademáis da súa labor profesional, participa activamente en varios proxectos Open Hardware como Sleepyduino e OpenPipe e colabora con VigoLabs e a Universidade de Vigo en eventos e proxectos principalmente relacionados coa electrónica. Tamén desenvolve, en colaboración coa Escudería Segade e Sta. Apolonia SCC, productos electrónicos a medida para vehículos de competición.

Miguel Gil Coto - Sistemas de Observación Oceanográficos

Miguel fará un pequeno recorrido polos distintos sistemas de observación que se utilizaron e utilizan na oceanografía para observar o mar. Farase unha explicación da variedade de tecnoloxías de observación que existen no medio mariño, una variedade de tecnoloxías que son consecuencia de traballar nun medio duro, dinámico e altamente corrosivo como o mar, o que case sempre supón uns custes elevados. Como a lista é moi extensa a charla centrarase en sistemas de observación en distintos niveles (plataformas, instrumentos, sensores), que contará con exemplos a nivel mundial e con exemplos de proxectos onde as institucións españolas e o propio Miguel formaron parte.

Miguel Gil Coto é Oceanógrafo, Licenciado en Ciencias del Mar (1996) e Doutor en Oceanografía (2004) pola Universidade de Vigo. Dende o 2009 e Científico Titular del CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas de Vigo.

Ao acabar as charlas, como fixemos a outra vez iremos a unha cervexería próxima para facer un pouco de networking.

Vémonos o próximo 4 de Maio a partir as 19:30 na Biblioteca EMAO.

COMPARTIR:

Vigolabs

Vigolabs nace como unha asociación para realizar eventos relacionado co hardware e os sectores industriais, marítimos e automovilísticos.

Redes sociais