Meetup #3 Monitorización do Mar e Bluetooh Low Energy

Meetup #3 Monitorización do Mar e Bluetooh Low Energy

May 11, 2016. | By: Jesús Sayar & Eloy Coto

Despois de rematar a segunda meetup xa podemos unha nova edición. A terceira meetup de Vigolabs será o próximo 1 de Xuño as 19:30 na biblioteca da Escola de Artes e oficios de Vigo. Nesta segunda meetup contaremos outra vez con dous excelentes poñentes.

O rexistro é obligatorio no seguinte enlace

Ana Almécija - Descripción Rede ocenográfica de Galicia

Ana falará sobre a Rede Oceanográfica de Galicia, concretamente sobre os dispositivos mecánicos, electrónicos e de sensorización necesarios para a toma de datos e a sua problemática do mantemento no mar. Esta rede, pertencente a Xunta de Galicia (Consellerias de Medio Ambiente e do Mar),consta de 6 estacións que adquiren datos constantemente e envían a información a servidores na nube.

Ana Almécija, licenciada en ciencias químicas pola Universidade de Zaragoza. Dende 2009 forma parte da Unidade de Tecnoloxías Mariñas[UTMAR] do Centro Tecnolóxico do Mar [CETMAR] traballando en proxectos relacionados coa monitorización do medio mariño, os sistemas de calidade de datos do observatorio RAIA e desenvolvemento de solucións tecnolóxicas de aplicación no campo do control da calidade das augas.Actualmente é o responsable técnico do CETMAR no proxecto RAMICA (Sistema robotizado para análisis microbiólogos da calidade de aguas automatizados)

Víctor Álvarez - Introducción a Bluetooh Low Energy

Víctor presentará a tecnoloxía Bluetooth de baixa enerxía (BLE), centrándose nas súas aplicacións en IoT especialmente no seu uso como balizas de posicionamento, permitindo a conexión entre o mundo físico e o mundo virtual. Concretamente falará do protocolo iBeacon de Apple, EddyStone de Google, das características máis importantes a hora de elixir un ou outro e incluso de que diferencias existen entre uns modelos e outros. Finalmente rematará describindo o uso por parte de Situm deste tipo de balizas.

Víctor Álvarez é enxeñeiro informático e doutor en sistemas intelixentes pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Durante a sua etapa como investigador Víctor publicou máis de 15 artigos nas principais revistas JCR, en materia de intelixencia artificial, aprendizaxe máquina e interfaces persoa-máquina. Actualmente é conselleiro delegado de Situm, unha empresa nacida como spin-off da USC, que prove de tecnoloxía de posicionamento en interiores para smartphones. Nos pouco máis de 2 anos de vida, Situm conta xa con case 20 empregados e numerosos premios que veñen a recoñecer a traxectoria da empresa. Empresas como Telefonica, ESRI España ou Prosegur xa contan coa tecnoloxía de Situm como a súa referencia no eido do posicionamento en interiores.

Ao acabar as charlas, como fixemos a outra vez iremos a unha cervexería próxima para facer un pouco de networking.

Vémonos o próximo 1 de Xuño a partir as 19:30 na Biblioteca EMAO.

COMPARTIR:

Vigolabs

Vigolabs nace como unha asociación para realizar eventos relacionado co hardware e os sectores industriais, marítimos e automovilísticos.

Redes sociais