Meetup #2 Visita Astilleros Cardama

Meetup #2 Visita Astilleros Cardama

Jul 12, 2016. | By: Jesús Sayar & Eloy Coto

En Agosto teremos una reunión diferente, como ven sabedes levamos un tempo intentando facer tecnoloxía no mar, para conseguir isto hai que conectar os puntos do mar cos da tecnoloxía.

O próximo 3 de Agosto iremos de visita a un dos estaleiros con maior vontade innovadora do país, Astilleros Cardama. Cardama que celebra este ano o seu centenario leva facendo barcos de todo tipo para todo o mundo. Empezaron con barcos de madeira e hoxe en día usan as mais avanzadas técnicas para o corte e soldadura de metal.

O rexistro é obligatorio no seguinte enlace

Actualmente Cardama é un dos estaleiros mais activos de Vigo, estando actualmente ca construción de dous remolcadores para Marrocos e un barco multi-propósito para Irak. Ademais da construción de barcos este estaleiro tamén é coñecida por facer outro tipo de proxectos innovadores, nos últimos anos esta involucrado en proxectos de xeración de enerxía eléctrica polo movemento das mareas ou en proxectos de talleres móbiles a pe de barco para reparacións rápidas.

La industriosa

Esta visita consistirá en facer unha excursión dentro dun estaleiro, ver o tipo de barcos que existen e coñecer de primeira man as solucións tecnolóxicas que se usan no mar e estaleiros.

Para a entrada no estaleiro é necesario traer o DNI por motivos de seguridade.

O punto de reunión será na entrada principal do Estaleiro na Av. da Beiramar, 12, Vigo. Empezarase as 19:30, agradecese chegar algo antes para cubrir o rexistro co DNI.

O rexistro é obligatorio

COMPARTIR:

Vigolabs

Vigolabs nace como unha asociación para realizar eventos relacionado co hardware e os sectores industriais, marítimos e automovilísticos.

Redes sociais